Carta de presentación

Estimados compañeiros/as:

Preséntome novamente para encabezar esta candidatura ás eleccións da Xunta de Goberno do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña, que conta celebrarse o próximo xoves día 10 de xuño de 2021.

Como sabedes o exercicio profesional da Arquitectura Técnica, experimentou unha profunda transformación na última década e o noso Colexio debe adaptarse a ditos cambios para cumprir coa súa finalidade, de defender os intereses da nosa profesión e servir de soporte e axuda no exercicio do noso traballo.

Contribuír a sentar as bases para esta necesaria transformación e mellora do Colexio, é o motivo para que ós compañeiros e compañeiras que formamos esta candidatura, tomemos a decisión de presentarnos ás próximas Eleccións, xa que podemos e estamos dispostos a dedicar o tempo e o esforzo necesario para que a xestión colexial sexa realmente democrática, transparente e axustada ós principios do bo goberno corporativo.

O Programa que sometemos a vosa consideración e que nos comprometemos a emprender, se contamos coa vosa confianza e apoio, ten como obxectivos fundamentais:

  • Democratizar o Colexio, fomentando a participación de todos e, para elo, propoñemos someter a Xunta Xeral una proposta de modificación do proxecto de estatutos deseñado pola actual Xunta de Goberno, en aspectos como: regular o rexistro voluntario dos traballos non sometidos a visado; volver a engadir o requisito legal de ser exercente para acceder ós cargos da Xunta de Goberno e que a actual Xunta omitiu ilegalmente; fomentar a participación dos compañeiros regulando a asistencia e voto telemático nas Xuntas Xerais e, outros aspectos que, aínda que algún deles xa se mencionaron, reléganse a un posterior desenrolo en regulamentos internos.
  • Transparencia e bo goberno corporativo. O Colexio é de todos e para que ninguén volva a esquecelo, cremos necesario que exista una xestión transparente do mesmo, respectuosa cos principios do bo goberno, para elo debe implantarse o modelo de referencia elaborado polo Consello de Transparencia e Bo Goberno, ó obxecto de garantir o acceso á información e establecer as obrigas do bo goberno, que deben observar os Directivos e Executivos do Colexio, así como as consecuencias derivadas do seu incumprimento.
  • Asegurar a sostibilidade orzamentaria do Colexio, mediante un rigoroso control de gasto, que iniciaremos encargando unha auditoría externa do estado das contas colexiais.
  • Servizos colexiais, crear novos servizos colexiais e ampliar a potencia dos existentes, asesoría xurídica, fiscal, ...
  • Defensa da profesión. Realizando unha defensa tenaz e ambiciosa das nosas atribucións profesionais ante as Administración e os Tribunais de Xustiza, xa que non podemos esquecer que aínda está pendente a reestruturación do sector de servizos profesionais e de reservas de actividade.
  • Fortalecer a posición do Colexio. Potenciando a presencia e imaxe do Colexio na sociedade e impulsando relacións, presencia institucional e posicionamento do noso Colexio, tanto na organización colexial como ante a Administración e outras corporacións e asociacións profesionais.
  • Formación. Continuar potenciando a organización de cursos, mediante un programa formativo de carácter técnico e enfoque práctico, potenciando as materias máis solicitadas e os cursos online, así como impulsar a nosa plataforma de formación, actualmente cedida gratuitamente a outros Colexios.
  • Comisións de traballo. Fomentar e incrementar a participación de compañeiros, mediante a creación de Comisións de atribucións, funcionarios, S+S, taxadores, peritos, problemática fusión de PREMAAT, ...

Esperamos contar co teu apoio.