Marcos

Marcos R. Seijo Miramontes

Arquitecto Técnico e Arquitecto pola Universidade da Coruña nos anos 1995 e 2009, colexiado nº 1.519 do COATAC e nº 3.948 do COAG, respectivamente.

Máster en técnico en Enxeñería e Xestión Ambiental, polo Ministerio de Industria e Enerxía e a Escola de Organización Industrial, desde o ano 1997.

Profesor Titular de Edificación e Obra Civil (I.E.S. FERNANDO WIRTZ SUÁREZ e C.I. F. P. SOMESO) desde o ano 1997 ata a actualidade. Funcionario de Carreira desde 22/10/98 publicado no BOE o 6/11/98 con NRP. 3283083746A0591.

Desenvolve a súa carreira profesional desde 1996, como profesional autónomo ata 2009 exercendo de Arquitecto Técnico e a partir desa data, momento no que crea a empresa SEIJO e SEIJO INGENEIRÍA E ARQUITECTURA SLP, continúa co exercicio de Arquitecto Técnico e a realización de traballos como Arquitecto.

A súa traxectoria profesional complementouse de formación permanente, mediante cursos de especialización realizados por diversos organismos (colexios profesionais, Xunta, etc…).