Un colexio para todas as profesións de aparellador

As profesións reguladas confundíronse en moitos casos coa titulación necesaria para o seu exercicio. Non sempre é así, e cun mesmo título académico pódense exercer varias profesións.

Hoxe en día coa reforma universitaria denominada como Plan Bolonia, rómpese esta identificación, xa que para acceder a determinadas profesións, pódese optar con títulos académicos cuns contidos comúns mínimos, pero con denominacións diferentes. Recordemos que a reforma de Bolonia modificou as titulacións universitarias, pero aínda non se modificaron as profesións reguladas. Este é o momento de abrir o noso campo de actuación e incorporar novas funcións e consolidar as que xa desenvolvemos para a nosa profesión, tales coma urbanista, interiorista, director ou xestor integral de proxectos, calculista, experto en rehabilitación, experto en acústica, certificador enerxético, investigador, técnico de prevención, experto en eficiencia enerxética, docente, xestor de inmobles e servizos, taxador, perito, experto en BIM, coordinador BIM, escritor de contidos científico-técnicos, etc …

Tanto se exerces de Xefe de Obra, como Profesional Liberal, traballas para a Administración ou por conta allea, cremos que debes estar adecuadamente representado no noso Colexio.

Dende esta candidatura, abriremos o Colexio para todas as diferentes profesións, que coa nosa titulación exercemos desde fai tempo, e incluso abrindo portas ás novas facetas nas que coma Técnicos de Grado, podemos optar.

Representaremos todos os campos nos que un Profesional Liberal pode desenvolver os seus coñecementos, dedicándose a actividades multidisciplinais, compartindo coñecementos e reforzando mediante formación aqueles aspectos máis descoñecidos.

Defenderemos a profesionalización do Xefe de Obra mediante a seu recoñecemento e faremos que o Colexio sexa útil para o seu labor, dado que por tradición os compañeiros que traballamos para as Construtoras, non ven a necesidade de colexiarse.

Da mesma forma, recoñeceremos o servizo público que prestan os nosos compañeiros e compañeiras na Administración Pública, facendo tamén que teñan no seu Colexio Profesional un apoio e un lugar onde compartir coñecementos.
Loitaremos para que sexa recoñecida a Titulación do noso Grao como Grupo de cotización 1, dado que moitas empresas non recoñecen que desde fai años pertencemos a dito grupo.