Eva

Eva María González López

Arquitecta Técnico e Enxeñeira de Edificación pola Escola Universitaria de A Coruña nos años 2002 e 2010 respectivamente.

Técnico Superior en desenrolo e aplicación de proxectos de construción e de administración e Finanzas, titulación con referente Europeo CINE- 5b e con 120 ECTS no año 1997.

Presentación de ponencias na Universidade de Avila e na Politécnica de Madrid nos anos 1999 e 2000, sobre “Estudo Acústico sobre o aeroporto de Albedro” e “Estudio acústico sobre o museo etnográfico de Ortigueira”, respectivamente.
Exercicio libre da profesión con redacción de proxectos, libros do edificio, estudos de seguridade, reformas de locais e legalización de edificacións, coordinacións de seguridade, dirección de obras de edificación (rehabilitación, vivendas unifamiliares e edificios) ata o año 2006 aproximadamente.

Dende o ano 2006 ata a actualidade presto servizos como arquitecto técnico e responsable do PIC no Concello de Miño. Elaboración de informes técnicos de licencias e comunicacións previas, así como memorias valoradas e proxectos, xestión de expedientes de todo tipo (redes de servizos públicos, subministro, actividades, reposición da legalidade, disciplina urbanística, sancionadores, devolución de aval, etc.), dirección de obra e labores de inspección, asesoramento e control na obra pública, labores de replanteo e sinalización de aliñacións, asistencia a mesas de contratación, atención ao público, incluíndo a información Catastral, supervisión e control de contratos de servizos e trámites relacionados con alumeado público e aforro enerxético.

Cursos relacionados coa profesión, de deseño asistido por ordenador, CypeCAD, Autocad 3D, Sistemas de Xestión Medioambiental, de Información Xeográfica, de procedementos de regularización Catastral, de aplicación de novas leis de actividades e espectáculos, de CTE, de manexo de App para dispositivos móbiles de captura de datos xeográficos e implementación no programa QGIS.