Carmen

Carmen Piñeiro Lemos

Carmen Piñeiro Lemos Arquitecta técnico pola Escola Universitaria da Coruña desde o ano 1986; e enxeñeira de edificación, da Universidade Europea de Madrid, ano 2009.

Máster en Urbanismo pola Escola Libre de Dereito e Economía (Madrid), ano 1992, dirixido por D. Jesús González Pérez.
V Curso Superior de Urbanismo, pola EGAP, ano 2001.

Máster Universitario DUMA, da Universidade de Vigo. Máster de Urbanismo e Medio Ambiente. 2010.

Graduada en Dereito, ano 2017.

Mediador de seguros Grupo A, ano 2020.

Vocal nº 2 do Consello de administración de MUSAAT, dende o 22 de xuño de 2017. Presidente de SERCOVER, correduría de seguros dende o 3 de outubro de 2018.

Comezou no ano 1986 como xefe de obra, ata o ano 1991.

Durante o curso 1991-1992, estuda o Máster de Urbanismo. No ano 1992, comeza a traballar como técnico municipal, primeiramente no Concello de Ferrol e a continuación no Concello de Mugardos, ata a actualidade. Exerce a profesión liberal desde o ano 1989.