Miguel

Miguel Rodríguez Paz

Arquitecto Técnico pola Universidade de Santiago no ano 1987 (Escuela Universitaria de Arquitectos Técnicos de A Coruña) e colexiado nº 1042 no COATAC.

Xunta á debandita formación, cursos realizados en diferentes materias de actualización e formación como “Patoloxía e reparación de estruturas”, “Tecnoloxía de materiais e execución de obras de formigón”, “Deseño asistido por ordenador”, “Obradoiros de coordinación de seguridade e saúde en obras de construcción”, Etc.

Traballa como profesional liberal en Arquitectura Técnica desde 1987, combinando en varias etapas a actuación como profesional asalariado en diferentes Empresas da Construción.

Na actualidade dedícase principalmente ao traballo de Dirección de Execución Material e Coordinación de Seguridade e Saúde na Execución de Obras, así como ao resto das actividades cubertas pola Profesión de Arquitecto Técnico.