Roberto

Roberto Méndez Vidal

Arquitecto Técnico pola EUAT da Coruña (UDC 1996) e Graduado en Enxeñería de Edificación (UDC 2006). Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Máster en Dirección Integrada de Proxectos coa Especialidade en Edificación e Desenvolvemento Territorial (UDC-UVIGO 2014).

Project Management Professional (PMP)®, certificado dende 2015 co número de licencia 1824002, polo Project Management Institute de Filadelfia.

Profesional liberal e por conta allea dende 1996, prestando servizos de Project Manager, Director de Proxectos, Perito e Coordinador de Seguridade e Saúde a diversas Enxeñerías, Estudos de Arquitectura e Construtoras a nivel nacional e internacional. Actualmente compatibiliza a súa actividade profesional coa de asalariado en Construcciones Taboada y Ramos, S.L.