APARELLADORES
Á ESCOITA .

Segue as nosas novidades diariamente en Facebook e Linkedin

OS NOSOS PRINCIPIOS .

O Colexio é una organización destinada a prestar servizos aos colexiados.
O Colexio e os servizos colexiais teñen que ser accesibles a todos os colexiados, independentemente do lugar da provincia no que estean radicados.
A defensa do interese xeral do colectivo e o individual do colexiado, na medida en que non entra en contradición co xeral, é un dos axiomas que xustifica a existencia da organización.

OS NOSOS OBXECTIVOS .

Queremos RETOMAR coa mesma ilusión que cando puxemos en marcha este proxecto fai 12 anos, e que permaneceu inmóbil estes últimos catro anos coa xunta actual.

Fomos os que deixaron resoltos os problemas económicos do Colexio tras a crise do 2008 e adaptamos a modificación da normativa sobre a facturación ao Colexiado. Queremos nestes catro anos vindeiros modernizar o Colexio e preparalo para o futuro, tratando de relanzar a profesión e en concreto facéndonos máis visibles para a sociedade.

A nosa folla de ruta non pode ser outra que a vosa, e xurde das vosas ideas que podemos resumir nos seguintes obxectivos:

Ámbito Organizativo e Colexial
  • Readaptar a organización do Colexio á tecnoloxía.
  • Facer un Colexio para os Colexiados, procurando que o colectivo se mova e participe nos actos do Colexio.
  • Adaptar, ampliar e completar os servicios informáticos e técnicos, para dar servizo aos Colexiados.
  • Consultar as necesidades dos Colexiados e satisfacelas dentro do ámbito colexial.
  • Retomar os cursos de formación mediante a nosa propia plataforma.
  • Atención personalizada por videochamada, para os casos que o soliciten ou sexan oportunos, que podería facerse extensiva á atención diaria no colexio.
  • Formalización de procedementos axeitados que aseguren a participación eficaz do colectivo nas Xuntas Ordinarias e Extraordinarias.
  • Apoio colexial a traballos confidenciais dos colexiados ante puntas de traballo.
Ámbito Institucional
  • Colaborar coas institucións locais, comarcais e provinciais (Deputación, Concellos, Universidade, etc.), así coma tamén a autonómica.
  • Crear convenios de colaboración con colectivos afíns.
  • Distribuír e dar a coñecer o noso convenio de acceso aos expedientes coa ferramenta AMTEGA.
  • Continuar as relacións institucionais coa Xunta de Galicia, Concellos e Universidade.
  • Recuperar a relevancia do Colexio e do Consello Galego a nivel estatal, mellorando as relacións perdidas con outros Colexios homónimos, para compartir información actualizada, así como para participar e que se nos teña en conta na coordinación de accións colectivas.
Ámbito Económico
  • Ter un rigor económico, economizando todos os aspectos posibles, como a asistencia dun único representante do Colexio as xuntas do consello xeral, actos de representación, etc. Non podemos permitir a duplicidade de cargos de representación en Madrid cando esta pandemia finalice.
  • Continuar co control económico establecido antes destes 4 anos de parón.
  • Presentar cada ano a auditoría de contas e a liquidación de forma mensual.
  • Transparencia nas contas anuais, aportando información detallada para os Colexiados.
  • Recuperar os investimentos precisos para a promoción e mellora da situación profesional dos Colexiados.
Ámbito Social
  • Desenvolvemento das redes sociais e profesionais.
  • Acercar o noso colectivo aos Promotores, Construtores, Axencias inmobiliarias, Administradores de fincas, Apis, etc.
  • Promoción e posicionamento da profesión perante as empresas e o público en xeral.
  • Promoción da participación dos colexiados, tanto en actividades presenciais como online, e facilitar o visionado en diferido das actividades ás que non se poda asistir ou acudir.
Transparencia
  • Compatibilidades e incompatibilidades dos membros da Xunta de Goberno.
Así mesmo, estamos abertos ás vosas suxestións e propostas. Comprometémonos a engadilas aos nosos obxectivos.

DENUNCIAS .

PREMAAT, non se informou aos Colexiados que podían cobrar as previsións sociais completas a 31 de decembro, sen a perda do 15 % que tiveron nas súas prestacións.
O Colexio segue coa mesma estrutura e traballo que cando o deixamos fai 4 anos, sen introducir avances e modernizacións froito da mellora continua.
Esta candidatura non vai duplicar as dietas como pasa na actualidade.
O plan contable tampouco avanzou nestes últimos años.
O Colexio abandonou a formación especializada, que tanto beneficio reportou aos nosos compañeiros e outros profesionais afíns, e que constituía unha parte importante do orzamento económico do Colexio, que agora estase a ceder a outras plataformas e colectivos.
Cada vez máis Colexiados non ven o Colexio como una corporación útil para o seu traballo, polo que deixan de formar parte do mesmo e descoléxianse, non están contentos cos servicios que se lles ofrece e co trato recibido. O Colexio non avanzou nestes 4 anos.
Por estas razóns, é necesario RENOVAR a Xunta de Goberno.

OS NOSO PROGRAMA .

Fomentar a páxina web

Creación na páxina web do colexio dunha pestaña de servizos cos tres apartados:
Para cidadáns
Para empresas
Para profesionais

Plataforma de formación a distancia para a arquitectura técnica

Centro de documentación dixital

Listado de colexiados

Oficina virtual

Transparencia

Área social

Publicacións

Ver máis →

Desenvolvemento de aplicacións informáticas a disposición do colexiado

Área técnica

Relacións cos colexiados

Xuntas xerais

Ver máis →

 

MEMBROS.

Carmen

Carmen Piñeiro Lemos Arquitecta técnico pola Escola Universitaria da Coruña desde o ano 1986; e enxeñeira de edificación, da Universidade Europea de Madrid, ano 2009.

Marcos

Arquitecto Técnico e Arquitecto pola Universidade da Coruña nos anos 1995 e 2009, colexiado nº 1.519 do COATAC e nº 3.948 do COAG, respectivamente.

Eva

Arquitecta Técnico e Enxeñeira de Edificación pola Escola Universitaria de A Coruña nos años 2002 e 2010 respectivamente.

Roberto

Arquitecto Técnico pola EUAT da Coruña (UDC 1996) e Graduado en Enxeñería de Edificación (UDC 2006). Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Máster en Dirección Integrada de Proxectos coa Especialidade en Edificación e Desenvolvemento Territorial (UDC-UVIGO 2014).

Luis

Arquitecto Técnico pola Escola Universitaria de A Coruña, Enxeñeiro de Edificación pola Universidade Europea de Madrid e Master en Enerxías Renovables pola Universidade San Pablo CEU.

Miguel

Arquitecto Técnico pola Universidade de Santiago no ano 1987 (Escuela Universitaria de Arquitectos Técnicos de A Coruña) e colexiado nº 1042 no COATAC.